O BNG empraza o alcalde a explicar o destino do edificio do antigo goberno militar
A Coruña, 20 de agosto de 2014- O Grupo Municipal do BNG empraza o alcalde a explicar o destino que terá o resto do edificio do antigo goberno militar (alén do centro cívico), despois de que, precisamente, o Bloque advertira da intención do Goberno do Sr. Negreira de trasladar a este edificio da Rúa Veeduría o Instituto de Estudos Coruñeses José Cornide, o Centro Galego de Artes e da Imaxe (CGAI) e a Biblioteca de Estudos locais, na actualidade situados no edificio número 10 da rúa Durán Loriga, propiedade do Concello. E é que despois de que o BNG revelara o contemplado no proxecto de restauración, rehabilitación e reestruturación parcial do edificio do antigo Goberno Militar, con adecuación para centro cívico municipal que se atopa actualmente en fase de licitación (pode consultarse na seguinte (http://www.coruna.es/documentos/descarga.jsp?3eac0d88-5ac2-43c2-9afa-a8c33a91642), o Goberno do Sr. Negreira aínda non se pronunciou ao respecto.
Ademais, o Grupo Municipal do BNG pídelle ao alcalde que explique se vai deixar baleiros os espazos do Instituto de Estudos Coruñeses José Cornide, o CGAI e a Biblioteca de Estudos Locais no edificio municipal de Durán Loriga, que vai pasar con eses espazos se quedan baleiros e quen vai financiar as obras de acondicionamento do antigo edificio do Goberno Militar no caso do CGAI, dado que pertence á Xunta de Galiza, tal e como pode comprobarse nas normas de creación do CGAI, (http://www.cgai.org/archivos_ayudas_legislaciones/57.PDF).
O proxecto tamén recolle que o edificio do antigo goberno militar también albergará las sedes de diversas academias, polo que as nacionalistas entenden que se trasladaría á rúa Veeduría a Real Academia de Mediciña e Ciruxía de Galiza, posto que tamén está situada en Durán Loriga, tal e como se recolle na súa páxina web http://www.ramycga.org/index.php.