O BNG denuncia verteduras fecais do baixo do edificio 150 da avenida de Oza
A Coruña, 3 xaneiro de 2015- A instancias da asociación veciñal Oza-A Gaiteira-Os Castros logo dunha das recentes visitas das nacionalistas ao barrio, o Grupo Municipal do BNG presentará un rogo para que o Goberno do Sr. Negreira adopte as medidas oportunas para que se atallen as verteduras fecais procedentes do baixo do edificio nº150 da Avenida de Oza.
Ás molestias denunciadas por veciños e veciñas únese a insalubridade derivada destas verteduras que saen do baixo abandonado do citado edificio, que se trata dunha construción singular adxacente ao edificio modernista.