O BNG denuncia que segue o dispendio no alumeado público, encendido durante o día
A Coruña, 15 de maio de 2013.- O Grupo Municipal do BNG denuncia, novamente, dispendio que supón manter encendido o alumeado público durante os mediodías. Hoxe mesmo, ás 12h, os farois estaban acesos ao longo do paseo marítimo. Precisamente,a semana pasada, as nacionalistas rexistraban unha batería de preguntas para coñecer os motivos polos que, cada día, poden verse farois activos contra as 12h en barrios como a Agra do Orzán ou Monte Alto.
O Grupo Municipal do BNG empraza o alcalde a dar explicacións sobre este dispendio e ínstao a pagar do seu peto as horas nas que a iluminación está acesa durante o día. Chama a atención este malgasto de enerxía eléctrica coas deficiencias de alumeado público que se dan en rúas do Ventorrillo, conclúen as nacionalistas, que esixen que o Goberno Municipal corrixa as eivas da rede de iluminación pública en aras do aforro e da sustentabilidade.