O BNG denuncia que o goberno do PP nin sequera solicitou a subvención para normalización da lingua
A Coruña, 16 de xullo de 2014- O Diario Oficial de Galiza (DOG) publica hoxe a resolución do 7 de xullo de 2014 pola que se conceden subvencións ás entidades locais de Galiza para a promoción do uso da lingua galega, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 4 de abril de 2014. Porén, entre os Concello solicitantes da axuda non se atopa o da Coruña, caracterizado, desde que o Goberna o Sr. Negreira, por discriminar o emprego da lingua oficial de Galiza. Así, o Grupo Municipal do BNG denuncia que o desprezo do Goberno do PP ao galego é tal que desta vez nin sequera solicitou a subvención.
As nacionalistas poñen de manifesto que A Coruña pedira a axuda na convocatoria de 2013 e a Xunta concedéralle unha cantidade ridícula para programas de dinamización lingüística e pregúntase o porqué da renuncia a presentar a solicitude na convocatoria deste ano. Lembra o Bloque que xa no 2012 non lle foi concedida a subvención ao Concello da Coruña por presentar a solicitude fóra de prazo.
Neste contexto, o Grupo Municipal do BNG vén de presentar unhas preguntas para a resposta escrita nas que se interesa polos motivos que levaron o Goberno do Sr. Negreira a non pedir esta axuda.