O BNG critica a teima do PP en privatizar traballos que poden realizar os técnicos municipais

O BNG critica a teima do PP en privatizar traballos que poden realizar os técnicos municipais

A Coruña, 27 de setembro de 2013.- O Grupo Municipal do BNG critica a teima do Goberno do Sr. Negreira en privatizar funcións públicas con cartos da cidadanía, unha práctica que se está a converter en habitual no Concello da Coruña, tamén á hora de elaborar o plan de intervención dos edificios municipais. Para as nacionalistas, externalizar este plan de radiografía dos edificios municipais por 1,6 millóns de euros é un auténtico despropósito, tendo en conta que o Concello dispón de técnicos municipais con suficiente formación como para poder desenvolver este tipo de tarefas.

As nacionalistas lamentan que o Goberno do PP contrate fóra o que pode facer con técnicos propios do Concello. Salientan o exemplo da certificación enerxética dos edificios. E é que o *R.D. 235/2013 polo que se aproga o procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios advirte de que a certificación pode ser realizada polos propios técnicos municipais.

 

* "Disposición Adicional Primeira. Certificacións de edificios pertencentes e ocupados polas Administracións Públicas.

 

“Para os edificios pertencentes e ocupados polas Administracións Públicas enumeradas no artigo 2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, os certificados, controis externos e a inspección, aos que se refiren os artigos 7, 8, 9 e 10 do Procedemento básico aprobado polo presente real decreto, poderán realizarse por técnicos competentes de calqueira dos servizos desas Administracións Públicas".

O BNG critica a teima do PP en privatizar traballos que poden realizar os técnicos municipais