O BNG critica a presenza electoral de Feijóo no Consello de Admon do Porto

O BNG critica a presenza electoral de Feijóo no Consello de Admon do Porto

A Coruña, 4 de outubro de 2012.- O BNG da Coruña cualifica de “electoral” e de “propagandística” a presenza de Feijóo na reunión do Consello de Administración da Autoridade Portuaria, un encontro que tivo lugar na mañá de onte, mércores. Os nacionalistas critican que o candidato do PP á Presidencia da Xunta de Galiza estiver presente nesta reunión, cando, desde o punto de vista legal, non hai ningunha norma que ampare a presencia do actual presidente da Xunta nunha sesión –ordinaria ou extraordinaria– do Consello de Administración da Autoridade Portuaria *.

 

Os nacionalistas censura o "tufo" electoral da campaña desenfreada do PP en Punta Langosteira, cando este equipamento nin sequera conta cun proxecto industrial real nin con infraestruturas mínimas necesarias. Neste contexto, o BNG empraza a Feijóo, que deixa a cidade cun 26% máis de parados e paradas que no 2009, a abandonar "a política de fotos" e "os golpes de efecto máis propagandísticos que reais" e a centrarse en garantir a corrección da ridícula cantidade de 50.000 euros que cos que o PP dotou esta infraestrutura clave para o correcto desenvolvemento de Punta Langosteira nos orzamentos xerais do Estado.

 

 

 

 

* REPRESENTANTES DA XUNTA DE GALIZA NA AUTORIDADE PORTUARIA DA CORUÑA

 

 

ORDE do 25 de maio de 2009 pola que se dispón o nomeamento do presidente da Autoridade Portuaria da Coruña.

 

Enrique Losada Rodríguez

 

ORDE do 29 de outubro de 2010 pola que se dispón o nomeamento de vogais do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña.

 

José Manuel Álvarez-Campana Gallo.

Francisco José Vidal-Pardo Pardo.

Diego Calvo Pouso (cesado por Orde de 01/03/2012)

Martín Fernández Prado

Belén M.ª do Campo Piñeiro (nomeada por Orde de 01/03/2012)

 

 

En consecuencia, a representación vixente da Xunta de Galiza na Autoridade Portuaria da Coruña é :

Enrique Losada Rodríguez (Presidente)

José Manuel Álvarez-Campana Gallo (vogal)

Francisco José Vidal-Pardo Pardo (vogal)

Martín Fernández Prado (vogal)

Belén M.ª do Campo Piñeiro (vogal)

 

 

O art. 30 do RDL 2/2011, de 5 de setembro, de Texto Refundido da Lei de Portos do Estado e da Mariña Mercante determina a composición dos Consellos de Administración das Autoridades Portuarias, precisando que en representación da Comunidade Autónoma formarán parte de dito órgano, ademais do presidente, outros 4 vogais (“La Comunidad Autónoma estará representada, además de por el Presidente, por cuatro vocales”).

O BNG critica a presenza electoral de Feijóo no Consello de Admon do Porto