O BNG critica a intromisión do Goberno municipal na organización das festas dos barrios

O BNG critica a intromisión do Goberno municipal na organización das festas dos barrios

A Coruña, 21 de maio de 2013.- A concelleira nacionalista Avia Veira critica a intromisión do Goberno municipal na organización das festas nos barrios da cidades, que veñen ser deseñadas polas propias asociacións de veciños e veciñas. Despois do caos provocado polo Goberno do Sr. Negreira o pasado ano no Barrio das Flores, no Castrillón, en Novo Mesoiro, nos Rosales e en Monte Alto, barrios que contaron con numerosos problemas para organizar as festas dada a nefasta xestión dos responsábeis municipais, este ano o Sr. Negreira pretende impoñerlles ás asociacións o tipo de festa a organizar. Deste xeito, sinala a edila do BNG, o Goberno municipal non respecta a autonomía e a independencia das entidades veciñais nin a particularidade de cada barrio, ao homoxeneizar o programa de festas e non permitirlles ás asociacións veciñais a súa confección, como viña sendo habitual.

Ademais de denunciar a intrusión do Goberno do Sr. Negreira nas entidades veciñais, a concelleira do BNG salienta o paradoxo de que o ano pasado houber cartos para as festas nos barrios, que se consideraban “imprescindibles” por parte do IMCE, e que este ano os responsábeis municipais cambiaran de parecer. De feito, o Goberno municipal aprobara un modificativo de crédito moi criticado polo BNG que sumaba 500.000 euros á partida de festas nos barrios. Xa daquela, as nacionalistas chamaran a atención sobre a xustificación deste aumento, asinado pola coordinadora do IMCE, Dulce Rodríguez, quen cualificaba de “imprescindible” este aumento destinado “a la realización de festejos en barrios ante la gran demanda de actividad generada en estos momentos de crises, de manera que se favorezca el que en los barrios ocurran cosaas en cada momento que hagan que se favorezca el repunte económico”.

 

O BNG critica a intromisión do Goberno municipal na organización das festas dos barrios