O BNG critica que o Goberno presuma do 010 cando deixou de prestar a atención inicial en galego

O BNG critica que o Goberno presuma do 010 cando deixou de prestar a atención inicial en galego

A Coruña, 20 de maio de 2013.- A concelleira nacionalista Avia Veira critica que o Goberno municipal presuma do correcto funcionamento do servizo telefónico 010 cando deixou de prestar a primeira recepción e atención na nosa lingua. A edila do BNG sinala que o galego era a lingua de contacto inicial das persoas que chamaban ao 010, sen prexuízo do respecto, por parte dos seus profesionais, do dereito individual a ser atendido na outra lingua oficial.

A práctica da oferta positiva do 010, práctica recomendada no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, animaba a moitas persoas que habitualmente falan en español a expresárense en galego, xeralizando o uso do idioma na Administración local, advirte a concelleira do BNG, que lamenta que, na actualidade, cando unha persoa chama ao 010 escoita unha gravación en castelán que lle dá a opción de elixir a lingua.

Precisamente, Avia Veira rexistrara unha serie de preguntas para a resposta escrita ás que o Goberno municipal contestou con mentiras, dicindo que antes se atendía “en castellano-gallego”, cando sempre se respondía, ao inicio, en galego.

 

O BNG critica que o Goberno presuma do 010 cando deixou de prestar a atención inicial en galego