O BNG critica a falsa austeridade de Negreira cos escoltas, cuxa existencia foi constatada
A Coruña, 7 de marzo de 2013.- Á vista do informe da concelleira delegada de persoal, Rosa María Gallego, que revela que o alcalde conta cun servizo necesario de protección e vixilancia co obxectivo de velar por el, o Grupo Municipal do BNG sinala que non se sostén a negativa do Goberno do Sr. Negreira de recoñecer a súa existencia, logo da propaganda da falsa auteridade.
As nacionalistas poñen de manifesto que no seu día o PP criticou que o alcalde tivese seguridade e anunciaron como unha medida de aforro a súa supresión, en aras da austeridade e eficiencia no gasto municipal. Agora, subliñan as nacionalistas, o informe da concelleira constata o evidente, que este servizo se está a facer e, ademais, que está a facerse pola porta de atrás, logo da desubicación que o Goberno municipal fixo da Relación de Postos de Traballo (RPT).