O BNG critica a dupla vara de medir do Goberno municipal @s afectad@s do Ofimático

O BNG critica a dupla vara de medir do Goberno municipal @s afectad@s do Ofimático

A Coruña, 16 de marzo de 2013.- Ao Grupo Municipal do BNG chámalle a atención que o Goberno do Sr. Negreira actúe con tanto apremio e contundencia coas persoas desaloxadas do Ofimático cando coa Xunta de Galiza e cos promotores non procede nin con firmeza nin con esa celeridade para que satisfagan as cotas que lles corresponden. Así, as nacionalistas, que advirten da dupla vara de medir do Goberno municipal no Ofimático, consideran que o Sr. Negreira só vela polos intereses da Xunta de Galiza e dos grandes construtores no Ofimático.

As nacionalistas critican que o alcalde actúe con contundencia coas persoas desaloxadas mentres permite que a Xunta de Galiza e os grandes promotores dilaten no tempo as contías a pagar. Por iso lle reclaman que deixe de facerlle o xogo ao Goberno galego e aos grandes construtores, que son os que están a marcar os ritmos das obras.

 

 

O BNG critica a dupla vara de medir do Goberno municipal @s afectad@s do Ofimático