O BNG chama a participar na concentración de Fademga contra os recortes do PP, que levan á exclusión

O BNG chama a participar na concentración de Fademga contra os recortes do PP, que levan á exclusión

A Coruña, 21 de novembro de 2012.- O Bloque Nacionalista Galego apoia a concentración de Fademga, que terá lugar mañá, xoves, de 11h a 13h, diante da Delegación do Goberno, baixo o lema "Os recortes lévannos á exclusión". Será ás 11.30h cando teña lugar a lectura do manifesto contra os recortes e reformas do PP que supoñen unha vulneración e diminución dos dereitos das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

A concelleira nacionalista María Xosé Bravo, que estará presente na mobilización, oponse ao estrangulamento dos servizos e programas que traballan para a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e para a súa inclusión. Bravo, que advirte do aumento das listas de espera, esixe que o PP non recorte o sistema para a autonomía e atención á dependencia. Tamén se amosa en contra dos recortes en educación, que fan que o ensino sexa menos inclusivo e de menor calidade, e pide non sobrecargar máis as familias das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

 

 

 

 

O BNG chama a participar na concentración de Fademga contra os recortes do PP, que levan á exclusión