O BNG-Asembleas Abertas reivindica unha universidade pública, galega e de calidade

Avia Veira, número 4 da candidatura, e Suso Bermello (á dereita), númer 7 da candidatura
O BNG-Asembleas Abertas reivindica unha universidade pública, galega e de calidade

CARRILA Coruña, 24 de marzo de 2015- Membros da candidatura do BNG-Asembleas Abertas, entre os que se atopaba o cabeza de lista, Xosé Manuel Carril, participaron esta mañá na manifestación convocada polas organizacións sindicais e estudantís galegas contra o decreto 3+2, unha normativa letal para as universidades públicas, pois limitará o acceso ás clases populares e favorecerá a súa mercantilización e privatización.

Avia Veira, número 4 da candidatura, e Suso Bermello (á dereita), númer 7 da candidatura

Coincidindo coa xornada de folga, secundada tamén por Carril como profesor universitario, o BNG-Asembleas Abertas reivindica unha universidade pública, galega e de calidade, completamente antagónica á universidade para as elites que pretende instaurar o Partido Popular. A candidatura do BNG-Asembleas Abertas advirte que o decreto 3+2 –que reestrutura os estudos universitarios, de modo que pasarían a durar 3 anos e a estender os mestrados 2 anos- pretende afondar na privatización do ensino e poñer a universidade ao servizo da empresa privada.

O BNG-Asembleas Abertas alerta de que o decreto 3+2 implicará matrículas inalcanzábeis, pois os mestrados son moito máis caros que os graos. Así, este decreto conlevará que as persoas con menos recursos non poidan estudar na universidade. Isto, a súa vez, terá como consecuencia a fenda social e o maior empobrecemento, xa que só van poder ter acceso á formación as persoas con capacidade económica.

 

O BNG-Asembleas Abertas reivindica unha universidade pública, galega e de calidade