O BNG alégrase de que San Xoán sexa festivo local
A Coruña, 25 de setembro de 2013.- O Grupo Municipal do BNG transmite a súa satisfacción tras coñecer que o Goberno do Sr. Negreira estabelecerá o 24 de xuño, San Xoán, como festivo local, unha xornada de marcado carácter pagán, galego e de barrios e que goza dun alto nivel de implantación ao longo da cidade.
O San Xoán festivo era algo que solicitaba a voces a cidadanía e que viñan reivindicando as nacionalistas con diversas iniciativas, tanto a nivel institucional, coa presentación de mocións, rogos e preguntas, como a pé de rúa, co reparto de herbas de San Xoán como actividade máis simbólica.