O BNG alégrase de que por fin se licitara a pista de skate

O BNG alégrase de que por fin se licitara a pista de skate

A Coruña, 11 de decembro de 2012.- O Grupo Municipal do BNG alégrase de que o Goberno do Sr. Negreira licitara, por fin, a construción da pista de skate nos Rosais, comprometida nos orzamentos de 2012. Tiveron que presentar os nacionalistas unha iniciativa para que o Goberno municipal se puxer a traballar na construción da pista, comprometida nos orzamentos de 2012.

Así, a día 9 de novembro deste mesmo ano, a concelleira Ermitas Valencia rexistraba unha pregunta para a resposta escrita na que se interesaba pola construción da obra e polo momento en que o Goberno municipal prevía sacala a concurso. E a día 16 de novembro, o concelleiro de Medio Ambiente asinaba a resolución para aprobar o proxecto de instalación da pista de skate.

Os nacionalistas valoran positivamente a construción deste equipamento nos Rosais, orzado con 159.963 euros, xa que responde ás necesidades dun nutrido grupo de persoas, na súa maioría mozos e mozas, que practican skate. Precisamente, a Asociación Coruñesa de Skaters, que conta cuns 200 socios e socias, levaba tempo reivindicando esta infraestrutura.

 

O BNG alégrase de que por fin se licitara a pista de skate