O BNG advirte de recortes nos programas de axuda e comida a domicilio

O BNG advirte de recortes nos programas de axuda e comida a domicilio

sopaA Coruña, 29 de xuño de 2014- As cifras recollidas no informe de xestión dos Servizos Sociais correspondentes ao 2013 revelan recortes no programa de axuda a domicilio, en que o número de horas anuais pasou de 361,796 no 2012 a 347.8134,27 no 2013. Ademais, o servizo de atención a domicilio á dependencia pasou de 267.702 horas no 2012 a 211.102,95 horas no 2013, o que significa un descenso do 21%.

Estas diminucións súmanse á caída na execución do orzamento da partida de programas de promoción da autonomía persoal e servizos domiciliarios e atención á dependencia, que pasou de 6.405.820 euros no 2012 a 6.301.950,66 no 2013.

Tamén chama a atención a caída de altas no servizo de comida a domicilio, dado que se pasou de 204 altas rexistradas en 2012 a 105 no 2013, así como do persoal municipal que traballa no programa de atencións domiciliarias complementarias, que pasou de 25 en 2012 a 14 en 2013.

Emerxencia social

Pola outra banda, o Grupo Municipal do BNG pregúntase como é posíbel que con menos cartos o Concello outorgara máis axudas de emerxencia social. E é que as cifras recollidas no informe de xestión, sinálase que o orzamento executado no programa de emerxencia social foi de 714.646,58 euros en 2013 e de 733.334 euros en 2012 cando, porén, houbo 1.294 persoas con axudas de emerxencia social en 2013 e 1.129 persoas con axudas de emerxencia social en 2012. O número total de solicitudes pasou das 2.081 de 2012 ás 2.030 de 2013 e as solicitudes denegadas pasaron das 165 de 2012 ás 193 de 2013.

 

O BNG advirte de recortes nos programas de axuda e comida a domicilio