O BNG advirte de que o Goberno municipal esqueceu a Avda de Monelos na renovación de firmes

O BNG advirte de que o Goberno municipal esqueceu a Avda de Monelos na renovación de firmes

A Coruña, 9 de decembro de 2012.- O Grupo Municipal do BNG pon de manifesto que o Plan para a renovación e a rehabilitación de firmes en varias rúas da cidade esquece unha das avenidas con máis fochas da cidade, a Avda de Monelos, tal e como pode comprobarse no perfil do contratante. De feito, os nacionalistas xa presentaran unha pregunta para a resposta escrita sobre o estado da avenida, logo das numerosas queixas recibidas por parte de veciños e veciñas do barrio.

O Grupo Municipal do BNG pídelle ao Goberno do Sr. Negreira que inclúa a renovación do firme da Avda de Monelos nas rúas en que vai acometer melloras, que son Estrada do Portiño, Paseo de Ronda, Manuel Murguía, Avda da Habana, Cigarreiras, Joaquín Planells, General Rubín, Pablo Picasso, José Miñones, Álvaro Cunqueiro, acceso a Alfonso Molina, Antonio Machado, Salvador de Madariaga, Marqués de Amboage, Marqués de Figueroa, Fernández Rey, Alfonso Molina, Linares Rivas e Primo de Rivera.

 

 

 

 

O BNG advirte de que o Goberno municipal esqueceu a Avda de Monelos na renovación de firmes