O BNG advirte do desleixo do Goberno municipal ante a falta de limpeza nas rúas

O BNG advirte do desleixo do Goberno municipal ante a falta de limpeza nas rúas

A Coruña, 2 de xaneiro de 2013.- O Grupo Municipal do BNG denuncia o desleixo do Goberno municipal ante a sucidade que presentan as rúas dos barrios da cidade, unha sucidade que xa está a ser habitual nos últimos meses.

A fin de ano incidiu aínda máis no estado en que se atopan as rúas e, malia ser unha data en que se prevén grandes concentracións de xente, ás 10 horas desta mañá as rúas aínda permanecían con lixo esparexido polo chan. Os nacionalistas instan o Goberno do Sr. Negreira a reforzar a limpeza despois de datas tan sinaladas como é a fin de ano, así como despois dos botellóns.

O Grupo Municipal do BNG lamenta que o Goberno do Sr. Negreira tire con máis de 1 millóns de euros entre Laponia, cabalgata e campaña Coruñavidad e non destine cartos á limpeza dos barrios.

 

 

O BNG advirte do desleixo do Goberno municipal ante a falta de limpeza nas rúas