O BNG advirte de que as causas do atraso no Ofimático son económicas, para beneficiar os promotores

O BNG advirte de que as causas do atraso no Ofimático son económicas, para beneficiar os promotores

A Coruña, 15 de decembro de 2012.- O Grupo Municipal do BNG pon de manifesto que a decisión do Goberno do Sr. Negreira de iniciar o expediente de modificación do contrato das obras do Ofimático non responde a cuestións do estudo de detalle nin a erros xeométricos, responde, no fondo, a cuestións económicas. E é que, deste xeito, o Goberno municipal dilata no tempo as contías que lles corresponden tanto á Xunta de Galiza como aos grandes promotores.

Así, os nacionalistas indican que a causa do atraso non son as necesidades de vivenda dos cooperativistas nin as necesidades de realoxo dos desaloxados, aos que o Goberno do Sr. Negreira lles envía a policía co fin de reprimir as concentracións nas que visibilizan a súa situación. O Grupo Municipal do BNG lamenta que sexan os grandes promotores quen marquen o ritmo de execución das obras do Ofimático.

 

 

O BNG advirte de que as causas do atraso no Ofimático son económicas, para beneficiar os promotores