A biblioteca do Ágora por fin abre as fins de semana
A Coruña, 19 de marzo de 2013.- A concelleira do BNG María Xosé Bravo amosa a súa satisfacción pola apertura da biblioteca do Ágora os sábados. Desde este sábado pasado, o espazo municipal permanecerá aberto ao público de 10h a 14h e de 17h a 21h. Pasado máis dun ano da súa apertura, a biblioteca era a única de toda a rede municipal que permanecía pechada as fins de semana sen motivos que o xustificasen.
A edila nacionalista presentara, recentemente, unha iniciativa con preguntas para a resposta escrita en que se interesaba polos motivos que levaban o Goberno municipal a manter pechada toda a fin de semana a biblioteca do gran centro sociocultural da cidade e preguntaba se prevía abrila os sábado e cal sería o novo horario.