O alcalde inaugura o xardín dunha escola privada cando non hai ningunha nova escola pública
A Coruña, 8 de xullo de 2014- O Grupo Municipal do BNG considera lamentábel que o único que teña que ofrecer o Sr. Negreira en materia de educación sexa a inauguración do xardín dunha escola infantil privada, dependente da obra social de Abanca, cando seguimos sen saber nada das promesas das tres novas escolas infantís para este ano a do Plan Educa3, a da Sardiñeira e a do convenio coa Fundación Amancio Ortega-, nin da escola infantil da Agra do Orzán nin das ampliacións prometidas para as escolas de Novo Mesoiro e dos Rosales.
As nacionalistas acusan o PP de non facer nada nestes tres anos pola educación dos máis pequenos malia recoller no programa a promesa da construción de oito novas escolas infantís. O balance, polo de agora, non pode ser peor: o Concello da Coruña non construíu nin unha soa nova escola pública a día de hoxe.