AS FAMILIAS DA ESCOLA CORUÑESA COMPROBARON DE PRIMEIRA MAN A FALTA DE COMPROMISO DO GOBERNO GALEGO, NUNHA RESPOSTA A MERCEDES QUEIXAS

A Xunta non compromete fondos para a reforma integral do CEIP Cidade Vella, pese a dispor de 13 millóns de euros nos orzamentos

Manifestación CEIP Cidade Vella
Imaxe dunha rexente mobilización da comunidade escolar do Cidade Vella
O director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellaría de Educación, Jesús Manuel Álvarez Bértolo, foi incapaz de comprometer fondos para a rehabilitación integral do CEIP Cidade Vella, ao ser interpelado ao respecto, nunha sesión da Comisión de Educación do Parlamento galego, pola nosa deputada Mercedes Queixas.
A Xunta non compromete fondos para a reforma integral do CEIP Cidade Vella, pese a dispor de 13 millóns de euros nos orzamentos

Queixas dirixiulle unha pregunta ao Goberno galego sobre o estado das instalacións do CEIP Cidade Vella e sobre a súa eventual -e a noso xuízo, necesaria- reforma integral.

É incomprensíbel que a Xunta do PP non comprometa ningunha partida para afrontar a reforma integral deste colexio tendo en conta que nos orzamentos da Xunta para 2026 figura unha partida de máis de 13 millóns de euros para arranxar as deficiencias dos centros de ensino público.

“O PP fixo da mentira a súa forma de gobernar. Da mentira e da deixación de funcións, ao desprazar as súas responsabilidades ao Concello da Coruña. O Concello ten responsabilidades sobre o mantemento básico, pero non sobre as obras maiores, entre elas a reforma dos edificios, que son competencia da Xunta. O PP fai deixación de funcións e renega das súas responsabilidades coa educación pública e co coidado do patrimonio. Neste sentido, cumpre salientar que o edificio do CEIP Cidade Vella é un inmóbel de valor patrimonial, polo que está protexido”, afirma Queixas.

Representantes das familias do CEIP Cidade Vella acompañaron no Parlamento a sesión. “Presenciaron o que presenciamos nós: a falta de compromiso da Xunta co benestar da comunidade educativa da súa escola. Compromiso que, desde logo, o BNG si ten”, resalta a deputada nacionalista.

“A comunidade educativa do CEIP Cidade Vella non se resigna, o cal é digno de aplauso. O BNG vai continuar acompañando as familias até garantirmos que o Cidade Vella reciba o trato que merece”, conclúe Queixas.