Queixas acompaña a marcha das familias do CEIP Cidade Vella e pídelle á Xunta a reforma integral do centro

Manifestación CEIP Cidade Vella II
Un momento da marcha
A concelleira e deputada do BNG Mercedes Queixas acompañou esta mañá a manifestación das familias do CEIP Cidade Vella que marcharon desde este centro de ensino público até a praza de María Pita en demanda dunha “escola digna e segura”.
Queixas acompaña a marcha das familias do CEIP Cidade Vella e pídelle á Xunta a reforma integral do centro

A concelleira e deputada do BNG Mercedes Queixas acompañou esta mañá a manifestación das familias do CEIP Cidade Vella que marcharon desde este centro de ensino público até a praza de María Pita en demanda dunha “escola digna e segura”.

“Este CEIP leva moitísimo tempo desatendido polas administracións. Polo Concello, que desatende as súas tarefas de mantemento ordinario. Pola Xunta, responsábel de realizar obras maiores no edificio, é dicir, de proceder á súa reforma en caso necesario, caso necesario no que realmente xa estamos”, afirma Queixas.

Manifestación CEIP Cidade Vella
A marcha, xa en María Pita

Esa reforma é imprescindíbel, entende a comunidade educativa, porque as deficiencias na estrutura do edificio están indo a máis até o punto de que en calquera momento poden representar un risco para alumnado e profesorado, advirte Queixas.

É por iso que o BNG, anuncia, vaille demandar a Xunta “que actúe e poña en marcha canto antes un proxecto de rehabilitación integral do CEIP Cidade Vella”.

Mercedes Queixas na marcha do CEIP Cidade Vella
Mercedes Queixas, á conclusión da marcha

“As nenas e os nenos merecen unha escola digna e segura”, conclúe.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Queixas acompaña a marcha das familias do CEIP Cidade Vella e pídelle á Xunta a reforma integral do centro