Novas
A Xunta boicotea a declaración da Coruña como zona tensionada: "Ao PP a vivenda non lle preocupa"
22/abr./2025
Para a concelleira do BNG Avia Veira é evidente que a Xunta “está a boicotear a declaración da Coruña como zona tensionada aos efectos da Lei de Vivenda”, o que non é máis que un reflexo da “falta de sensibilidade do PP” perante o que constitúe un problema social de primeira orde para as coruñesas e os coruñeses.