PRODUTO DUNHA INICIATIVA DEFENDIDA POR JORQUERA NO #PLENOMARZO
Xa en marcha a comisión proposta polo BNG para acompañar o proceso de licitación do novo Nostián
A Comisión Informativa Especial de seguimento do proceso de licitación do servizo de tratamento e eliminación de residuos sólidos urbanos -este é o nome oficial- ficou constituída este mércores 4 de xuño nunha reunión que tivo lugar no salón vermello do Pazo de María Pita.
04 xuño 2025 - 11:42
A creación desta comisión é produto dunha proposta formulada polo BNG no Pleno de marzo deste ano -feita en concreto polo portavoz nacionalista, Francisco Jorquera. Foi votada favorabelmente polo grupo socialista e en contra polo PP.
“Estamos a falar do contrato máis importante que debe licitar o Goberno Local neste mandato”, remarca Jorquera, quen vai representar o BNG na comisión.
“O fundamental para o BNG é que se axilice a licitación dun contrato que garanta o funcionamento de Nostián como un modelo alternativo a Sogama, como un modelo que teña como propósito a reciclaxe e a compostaxe”, conclúe.