AVIA VEIRA QUERE SABER EN QUE FASE SE ATOPAN AS BASES PARA A ADXUDICACIÓN DAS VIVENDAS

A vivenda na Coruña está como está e nada se sabe do edificio da rúa Pontejos

Edificio municipal de vivendas na rúa Pontejos.
Exterior do edificio
A pesar de que no verán de 2025 se descubriu a fachada do edificio de vivendas municipais da rúa Marqués Pontejos, o certo é que nada se sabe do proceso de elaboración das bases para a súa adxudicación.
A vivenda na Coruña está como está e nada se sabe do edificio da rúa Pontejos

É por isto que a concelleira do BNG Avia Veira rexistrou un feixe de preguntas por escrito ao Goberno Local.

Como queira que non se coñece aínda en que fase está a elaboración das bases, Veira quere saber se as obras están definitivamente rematadas (por se eventualmente hai aínda cousas por facer no interior do inmóbel), ao tempo que se interesa por saber cando tivo lugar a recepción do edificio por parte do Concello.

Sobre as bases para a adxudicación das vivendas (documento en que, por exemplo, se especificará a duración dos alugueres), Veira pregunta en que  fase se acha a súa elaboración e cando se van aprobar e publicar.

“En que prazo prevé o Goberno Local que van estar entregadas das vivendas ás persoas adxudicatarias?”, inquire a concelleira nacionalista.

“Estamos a falar dun tema, o da vivenda, que desde logo é o máis urxente para a cidadanía da Coruña. E, por tanto, un edificio de vivendas municipais non pode estar parado tendo en conta as necesidades habitacionais das coruñesas e coruñeses”, conclúe.

 

A vivenda na Coruña está como está e nada se sabe do edificio da rúa Pontejos