RESPOSTA A UNHA INICIATIVA DE MERCEDES QUEIXAS

A Xunta non garante a conservación das vivendas de Monte Mero

Imaxe en que se ve o ámbito de Monte Mero
Imaxe en que se ve o ámbito de Monte Mero
A Xunta non garante que o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) que vai urbanizar Monte Mero vaia conservar as vivendas alí existentes.
A Xunta non garante a conservación das vivendas de Monte Mero

A Xunta non garante que o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) que vai urbanizar Monte Mero vaia conservar as vivendas alí existentes.

Así se tira dunha resposta do Goberno galego á deputada do BNG Mercedes Queixas.

A Xunta atribúe a responsabilidade do derrubo dunhas 30 casas ás “determinacións do PXOM” do Concello da Coruña

Na pregunta que deu orixe a esta resposta, Queixas puxo en destaque en primeira instancia que o Goberno galego prometera ás persoas habitantes do núcleo de Monte Mero que o PIA non ía tocar as súas casas. Mais xa na segunda reunión, “confirmáronlles o contrario, que non se mantería ningunha porque non encaixan na planificación prevista no ámbito”.

Á pregunta concreta de por que mudou de opinión a Xunta, o Goberno galego non lle dá ningunha resposta a Mercedes Queixas, como tampouco á cuestión de se a Administración autonómica considera xusta que as casas vaian ser expropiadas como solo rústico.

A Xunta non responde á cuestión de se considera xusta que se expropien as casas como solo rústico

Canto a se se compromete a procurar “solucións xustas e favorábeis” para todas as persoas propietarias, a Xunta limítase a dicir que “traballa co obxectivo de minimizar a afección, ofrecendo asesoramento e garantindo unha información clara e transparente durante todo o procedemento”.

“Un proxecto que a Xunta chama de interese autonómico non pode pasar por riba dos intereses da veciñanza que leva vivindo en Monte Mero toda a súa vida. Nese espazo teñen a súa orixe e a súa historia de vida persoal e familiar”, remarca.

A redacción do proxecto foi adxudicada a 20 de maio de 2025 e cun prazo de execución de 15 meses. De aí que Queixas afirme que “estamos aínda a tempo de a Xunta escoitar a veciñanza e facer todo o posíbel para integrar estas vivendas na nova planificación urbanística”.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A Xunta non garante a conservación das vivendas de Monte Mero