Veira: “Tomamos a iniciativa e convocamos esta reunión para traballar con seriedade, con propostas"

Veira: “Tomamos a iniciativa e convocamos esta reunión para traballar con seriedade, con propostas"

A Coruña, 3 de febreiro de 2016.- O Grupo Municipal do BNG entende que coa ausencia, tanto da Marea como o PSOE á xuntanza convocada co obxecto de retomar as negociacións para a elaboración dos Orzamentos, se evidencia que están a priorizar as súas disputas particulares fronte á resolución dos problemas da cidade e das coruñesas e dos coruñeses.

Avia Veira: “Á xente non lle interesa as problemáticas de parella entre a Marea Atlántica e o PSOE senón que se solucionen os seus problemas”

“Á xente non lle interesa as problemáticas de parella entre a Marea Atlántica e o PSOE senón que se solucionen os seus problemas, que son o paro, a desigualdade, saír da pobreza, a vivenda, que os servizos sociais funcionen, que asociacións poidan continuar coa súa actividade etc” sinalaba Avia Veira na súa comparecencia..

Deste xeito, o BNG amosaba o seu descoñecemento sobre en que consisten exactamente as súas diferenzas canto ao orzamento, xa que, indican, nunca se puxeron enriba da mesa propostas concretas sobre partidas específicas máis aló do cruzamento de acusacións en prensa.

O Grupo Municipal do BNG cre que os tres grupos que apoiaron un cambio na cidade poden estar de acordo en priorizar investimentos, entre outras actuacións, en servizos sociais, loitar contra o desemprego, igualdade, barrios, comercio local ou mercados

Así, o Bloque cre que, os tres grupos que apoiaron un cambio na cidade, poden estar de acordo en priorizar investimentos. Poñen como exemplo os servizos sociais públicos, os programas de igualdade, o destinar cartos para mellorar a vida dos barrios, na loita contra o desemprego reforzando os servizos públicos, apoiando o comercio local e os mercados municipais e investindo na formación para as persoas desempregadas, entre outras actuacións.

O BNG entende que coa ausencia, tanto da Marea como o PSOE á xuntanza convocada, se evidencia que están a dar prioridade ás súas disputas particulares fronte á resolución dos problemas da cidade

rolda_avia_reunion_orzamentos_2

“Tomamos a iniciativa e convocamos os grupos que até o de agora estaban participando na negociación. Ofreciamos abrila para facela con «luz e taquígrafos», con transparencia, traballar con seriedade, con propostas. Pola contra, tanto a Marea Atlántica como o Grupo Municipal Socialista prefiren o camiño da obcecación mantendo a negociación bilateral suspendida e cos orzamentos do PP prorrogados, co prexudicial que isto é para as asociacións pendentes dos seus convenios ou subvencións e sobre todo tendo en conta que no Concello non se poden levar a cabo políticas novas, como as que acabo de expoñer, se non é en base a un orzamento novo”, indicou Avia Veira.

É por iso que para o Grupo Municipal do BNG, esta obstinación, constatouse hoxe nas declaracións do Alcalde que di que el non sabe se ten que ir «a cantarle al balcón de José Manuel Dapena» para que lle faga caso ou mesmo a referencia na carta do voceiro do Grupo Municipal Socialista na que fala de «deslealdade manifesta por parte da Marea».

“E mentres as coruñesas e os coruñeses agardando e os seus problemas sen resolverse. A pregunta é ata cando?”, conclúen as nacionalistas

Corte da rolda de prensa

Corte Avia

 

 

 

 

Artigos relacionados:

Veira: “Tomamos a iniciativa e convocamos esta reunión para traballar con seriedade, con propostas"