O BNG convoca á Marea e ao PSOE para dar saída aos Orzamentos 2016

Avia Veira preparando a convocatoria para a reunión dos Orzamentos
O BNG convoca á Marea e ao PSOE para dar saída aos Orzamentos 2016

A Coruña, 30 de xaneiro de 2016.- O Grupo Municipal do BNG ven de convocar está mañá ao Goberno municipal e ao Grupo Municipal do PSOE a unha reunión que permita dar saída á situación xerada tras a ruptura de negociacións entre ambos na elaboración da proposta de Orzamentos para o 2016.

O Grupo Municipal do BNG convoca a unha reunión ao Goberno municipal e ao Grupo Municipal do PSOE para dar saída aos Orzamentos 2016

O BNG entende que até agora houbo unha total falta de transparencia en todo o proceso de negociación entre o Goberno municipal e o Grupo Municipal do PSOE para a elaboración dos Orzamentos 2016, caracterizándose  desde o seu inicio pola falla da «luz e taquígrafos», moi lonxe dunha participación activa doutras opcións ou alternativas, incluída a do propio Grupo Municipal do BNG, e da necesaria transparencia coa que poder poder trasladar ao conxunto da cidadanía un proxecto global para a cidade.

As nacionalistas, a través dunha carta remitida a ambos grupos, chama a “poñer enriba da mesa as propostas que todos queremos para uns orzamentos novos”

Avia Veira preparando a convocatoria para a reunión dos Orzamentos

É por isto que o Bloque, a través dunha carta remitida a ambos grupos, entende que é o seu deber tomar a iniciativa e convocar a reunión na que deben participar as forzas que deben ter máis puntos de converxencia á hora de aplicar novas políticas. “Precisamente por isto cremos que as tres forzas que permitimos que houbese un cambio de goberno nesta cidade estamos de acordo en que seguir prorrogando os orzamentos do PP é nefasto para a cidadanía. E cremos tamén que podemos estar todos de acordo en querer solucionar esta situación” sinalan as nacionalistas na carta da convocatoria.

Para o Grupo Municipal do BNG, a paralización na elaboración dun proxecto de orzamentos para este ano impide aplicar políticas sociais novas dirixidas ás persoas, que loiten contra a pobreza desde os servizos sociais públicos, que nos fagan avanzar na igualdade de xénero, que apoien o pequeno comercio e os mercados municipais e que reforcen os servizos públicos, uns orzamentos participativos que permitan mellorar a vida dos barrios.

O BNG empraza a ambos grupos para mañá mércores 3, as 17.00 h, no Salón Azul

Así, as nacionalistas convocan esta reunión para mañá, mércores 3, ás 17.00 h, no Salón Azul, do Concello.

 

Achéganse as cartas remitidas

Artigos relacionados:

O BNG convoca á Marea e ao PSOE para dar saída aos Orzamentos 2016