UNHA MOCIÓN PARA O #PLENONOVEMBRO DO 9N
Veira pide que o 1% do orzamento da Xunta combata a violencia machista e que se desenvolva a Ordenanza de Igualdade
A iniciativa inclúe tamén demandas á Xunta de Galiza e, en concreto, propón que no proxecto de orzamentos da Administración galega actualmente en trámite se destine o 1% do total das contas á loita contra a violencia machista, de forma que “se poda cumprir en plenitude as previsións da Lei galega 11/2007 do 27 de xullo para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero en aspectos como a atención psicolóxica na atención primaria (artigo 25) e se actualicen as contías de prestación periódica (contempladas no artigo 39) para as actualizar consoante ao incremento do IPC”.
Veira tamén empraza a Xunta a que acelere os traballos de aprobación dun protocolo de prevención e intervención fronte agresións sexuais no marco do ocio nocturno, alén de impulsar no curso 2023/2024 unha campaña específica sobre a violencia sexual e os recursos no ámbito do ensino secundario e universitario para espallar o seu coñecemento entre a poboación máis nova.
Finalmente, o BNG demanda a través desta moción o reforzamento dos Centros de Información á Muller e insta o Goberno Local a que desenvolva a Ordenanza de Igualdade do Concello, nomeadamente no que ten a ver co capítulo V, “xusto o que inclúe medidas de loita contra a violencia de xénero”.