PREGUNTA ORAL NO #PLENOXANEIRO DESTE XOVES 15X

Veira insta o Goberno Local a sentar para falar dos VTC

<p>Avia Veira protesta taxistas fronte á competencia desleal dos VTC.</p>

<p>&nbsp;</p>
En novembro pasado, Veira xa acompañara unha mobilización dos taxistas
O pasado 14 de novembro, a concelleira do BNG Avia Veira rexistrou unha proposta de ordenanza para a regulación dos VTC (Vehículos de Transporte con Condutor) na nosa cidade.
Veira insta o Goberno Local a sentar para falar dos VTC

A proposta ía dirixida á alcaldesa.

Dous meses despois de ter rexistrado a proposta, o BNG non recibiu ningunha resposta nin ningún convite para sentar a falar sobre a ordenanza que debe regular como deben operar os VTC dentro do termo municipal.

É por iso que Veira vai levar o asunto ao Pleno do xoves en forma dunha pregunta oral que reza como segue: “Por que non contestou o Goberno Local á proposta do BNG de regulación dos VTC na nosa cidade?”.

“Hai que lembrar que ordenanza por unha mobilidade sustentábel que acordamos co Goberno Local recollía a prohibición de que os VTC fagan viaxes urbanas mais tamén sinalaba que a súa regulación específica se faría noutra ordenanza aparte”, refire Avia Veira.

Ao non se producir ningunha resposta por parte da alcaldesa, Veira tentará esclarecer a cuestión no Pleno deste xoves: “Queremos saber por que non contestaron á nosa proposta mais sobre todo desde o BNG o que queremos é sentar co Goberno Local e falar de regular as VTC na Coruña, rematar coa súa impunidade e defender o sector do taxi, que é tanto como defender as persoas autónomas, as pequenas empresas e un servizo público”.

Mobilización

De por parte, a nosa concelleira vai acompañar mañá martes a nova mobilización do sector do taxi da cidade, unha marcha que partirá ás 12 horas do edificio dos sindicatos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Veira insta o Goberno Local a sentar para falar dos VTC