Veira: "As administracións deben implicarse para garantir a defensa de Alcoa"

Momento da reunión mantida esta maña con representantes das traballadoras e traballadores de Alcoa
Veira: "As administracións deben implicarse para garantir a defensa de Alcoa"

Esta mañá mantivemos unha reunión con representantes das traballadoras e traballadores da fábrica de Alcoa na Coruña na que se lles trasladamos o noso apoio ante a incerteza do futuro das fábricas de Agrela e San Cibrán.

Nesta reunión deuse conta, asemade, das iniciativas que presentamos onte, xoves 26, e nas que se solicitamos do Parlamento de Galiza o instar á Xunta de Galiza a realizar todas as accións necesarias encamiñadas a garantir os centros produtivos e os postos de traballo de Alcoa en Galiza.

Esta mañá reunímonos co Comité de Empresa de Alcoa da Coruña e trasladámoslle o noso apoio ante a incerteza do futuro das fábricas de Agrela e San Cibrán

Momento da reunión mantida esta maña con representantes das traballadoras e traballadores de Alcoa

Lembramos que Galiza conta con tres centros de produción, un na Coruña, en Agrela, e dous en San Cibrán, Lugo, e que segundo as diferentes informacións aparecidas nestes días nos medios de comunicación, estímase que a fábrica da Coruña e un dos centros de San Cibrán poderían entrar dentro do plan de revisión de activos do grupo.

Temos que salientar que a nivel de emprego, a planta da Coruña conta con preto de 400 traballadores (co cadro de persoal axustado por debaixo do 70 por cento da produción) e nos dous centros de San Cibrán hai 1.300 traballadores, máis outros 600 ligados a empresas auxiliares. Fontes do sector aseguran que Alcoa baralla todo tipo de escenarios, onde especialmente cobra forza a opción da venda dos seus centros produtivos mencionados de Agrela e San Cibrán, dentro dun proceso de reordenación das actividades da compañía. Mentres, Alcoa non está a proporcionar información sobre esta situación.

Onte, xoves 26, presentamos sendas iniciativas nas que solicitamos do Parlamento de Galiza o instar á Xunta de Galiza a realizar todas as accións necesarias encamiñadas a garantir os centros produtivos e os postos de traballo de Alcoa en Galiza

Manifestación de traballadoras e traballadores de Alcoa en decembro de 2014.

Neste sentido, noutra das iniciativas inquirímoslle ao Goberno galego se é coñecedor dos plans de Alcoa a respecto dos seus centros produtivos en Galiza, se realizou ou ten previsto realizar a Xunta de Galiza algunha acción tendente a coñecer de primeira man os plans de futuro de Alcoa e a garantir o mantemento dos centros produtivos e dos postos de traballo de Alcoa en Galiza e se a propia Xunta considera que se garantiría o mantemento dos centros produtivos e dos postos de traballo de Alcoa en Galiza coa venta dalgunha das súas factorías, xa que logo, toda a información que apareceu estes días nos medios de comunicación e en ningún momento foi achegada de primeira man á representación das traballadoras e dos traballadores, cousa que eles mesmos teñen denunciado.

“Sabemos sobradamente o papel que sempre realizaron as distintas administracións respecto a estas fábricas. Cómpre recordar que Alcoa consolidouse no Estado Español a través da compra da antiga Empresa Nacional do Aluminio (Inespal). Foi un Goberno do Partido Popular a que privatizou esta empresa, cun xeito de actuar similar ao doutros procesos de privatización: a empresa obtivera máis de 12.000 millóns de pesetas de beneficio, nos dous anos anteriores á venda. Porén, a súa venda supuxo para o estado máis de 456 millóns de euros de perdas e aínda por riba Alcoa incumpriu todos os compromisos ligados á compra.” lembraba o noso compañeiro Francisco Jorquera durante a reunión.

Francisco Jorquera: “Cómpre recordar que Alcoa consolidouse no Estado Español a través da compra da antiga Empresa Nacional do Aluminio (Inespal). Foi un Goberno do Partido Popular a que privatizou esta empresa, cun xeito de actuar similar ao doutros procesos de privatización: a empresa obtivo máis de 12.000 millóns de pesetas de beneficio, nos dous anos anteriores á venda”

Por último amosamos a nosa preocupación polo impacto que na cidade e na comarca pode ter a venda da fábrica de Agrela.

“Preocúpanos o impacto que pode ter na nosa comarca. Desde o BNG faremos todo o posíbel e todo o que estea na nosa man para defender os postos de traballo e o mantemento da produción industrial da fábrica de Agrela xa que entendemos que o sector industrial na nosa comarca está en vías de desaparición e as administracións deben implicarse para garantir a súa defensa e potencialo como fonte de riqueza, de traballo estábel e emprego digno.”, sinalaba Avia Veira tra a reunión.

 

Preme en cadansúa para ver as iniciativas presentadas:

 

A Coruña, 27 de maio de 2016

Veira: "As administracións deben implicarse para garantir a defensa de Alcoa"