Travesía reivindicativa pola Ría do Burgo: sen mar nin A Coruña nin Galiza teñen futuro

Travesía reivindicativa BNG Ría do Burgo 2
Candidatas e candidatos do BNG ás xerais 2023 -entre elas e eles Manuel Presas, número 7 ao Congreso, e Carlos Babío, un dos nomes que o Bloque propón para o Senado- realizaron este sábado unha travesía reivindicativa en barco pola Ría do Burgo. Estiveron acompañados polo portavoz nacionalista no Concello, Francisco Jorquera, e pola deputada e tamén concelleira Mercedes Queixas.
Travesía reivindicativa pola Ría do Burgo: sen mar nin A Coruña nin Galiza teñen futuro

Non por acaso o BNG elixiu este evento na súa axenda de campaña. Ten sido a acción combinada do BNG no Parlamento europeu -Ana Miranda- e no Congreso -Néstor Rego- elemento fundamental para lograr que o Estado dese por fin luz verde á dragaxe da Ría do Burgo, un espazo natural de enorme valor ambiental, mais tamén unha grande fonte de riqueza para a cidade e a comarca. Nos seus mellores momentos chegaron a traballar na ría por volta de 2.000 mariscadoras e mariscadores. Neste momento apenas laboran nela menos de 100 persoas.

Travesía Reividicativa BNG Ría do Burgo
Manuel Presas e Carlos Babío, candidatos, Mercedes Queixas, Francisco Jorquera, Xosé Iglesias, Tono Chouciño, a bordo do "Rías Altas"

Foi tamén o traballo de Néstor Rego no Congreso fundamental para que o Estado concedese axudas ás e aos mariscadores da Ría mentres duren os labores de dragaxe. O BNG entende que o lóxico, tal é como solicita este colectivo de traballadoras e traballadores, é que as axudas se extendan, unha vez finalizada a limpeza dos fondos do estuario, durante o período de rexeneración dos bancos marisqueiros.

A travesía fíxose a bordo do "Rías Altas" e contou, entre outros tripulantes, cun de excepción: o mariñeiro e poeta Xosé Iglesias. Sen mar non temos futuro. Nin A Coruña nin Galiza.

 

Travesía reivindicativa pola Ría do Burgo: sen mar nin A Coruña nin Galiza teñen futuro