Terrazas: O que pide o BNG non é máis que a aplicación da norma aprobada polo PP
A Coruña, 13 de agosto de 2014.- En relación ás terrazas en espazos públicos, o Grupo Municipal do BNG pon de manifesto que o exixe non é máis que o cumprimento dunha ordenanza municipal que foi aprobada só cos votos a favor dos e das edís do Partido Popular e contou co consenso e apoio da Asociación Provincial de Hostaleiros. Xa non se lembra o Sr. Cañete?, pregúntanse as nacionalistas, quen sinalan que o dereito dos hostaleiros e hostaleiras a instalar terrazas en espazos públicos debe ser compatíbel co dereito da cidadanía ao ao uso e disfrute do espazo público.
Ademais, o Grupo Municipal do BNG salienta que a igualdade opera na legalidade, e non fora dela, e advirte de que gran parte do sector cumpre coa ordenanza mentres outro non. Neste sentido, as nacionalistas pregúntanse a quen defende o Sr. Cañete.
O Bloque tamén apunta que a inmensa parte da cidadanía da Coruña paga os seus impostos, taxas e prezos públicos. A hostelería, ao igual que os restantes sectores de actividade económica, tamén debe facelo. Ou é que Cañete defende que non se pague unha taxa que é obrigatoria?, pregúntase o BNG.