O BNG empraza o Goberno a limpar e amañar as escaleiras da zona de baño dos Pelamios
A Coruña, 8 de agosto de 2014- O Grupo Municipal do BNG anuncia a presentación dun rogo escrito, a instancias da veciñanza de Orillamar, co fin de que o Goberno do Sr. Negreira arranxe e acondicione as escaleiras que dan acceso ás rochas dos Pelamios da zona en que, de xeito frecuente, se bañan veciños e veciñas do barrio.
Ademais, o Grupo Municipal do BNG exixe a limpeza e o coidado desta pequena área de rochas en que se sitúan os bañistas, xa que, mesmo entre a sucidade, poden distinguirse xeringas, co perigo de saúde pública que conleva. Segundo denuncian os veciños e veciñas, o Concello só limpa a área cando chaman o 010 para queixarse do estado en que se atopa.