Soto inquire o Goberno Local por que non houbo auga quente durante unha semana nas instalacións deportivas de Riazor

Piscina de Riazor
Un aspecto da piscina municipal [Foto tirada de Coruna.gal]
O concelleiro do BNG David Soto rexistrou un feixe de preguntas escritas ao Goberno Local a inquirir as causas polas que as instalacións deportivas de Riazor -frontón, polideportivo e piscina municipais- careceron durante toda unha semana, dos días 19 a 25 de xaneiro, do servizo de auga quente, indispensábel para as duchas posteriores ao exercicio físico.
Soto inquire o Goberno Local por que non houbo auga quente durante unha semana nas instalacións deportivas de Riazor

Soto quere saber por que demorou tanto a reparación do sistema de quecemento, se se informou sobre o problema ás persoas usuarias, a que se debeu a interrupción do servizo e que medidas se adoptaron para paliar a situación.

Mais o BNG tamén se interesa por pescudar se o sistema de quecemento fora obxecto de reparación nas reformas feitas en 2025.

O servizo de mantemento das instalacións deportivas tamén é asunto sobre o que se ten interesado -nunha iniciativa distinta, tamén preguntas por escrito- o noso concelleiro.

Inquire o Goberno Local sobre se o contrato deste servizo está vixente e, no caso de estar caducado, cando ten previsto licitar unha nova concesión.

 

 

 

 

 

Soto inquire o Goberno Local por que non houbo auga quente durante unha semana nas instalacións deportivas de Riazor