A Ordenanza de Terrazas recolle as achegas básicas do BNG após negociar o seu contido co Goberno Local

Avia Veira en María Pita. Xaneiro de 2015.
Avia Veira en María Pita. Xaneiro de 2015.
O texto da Ordenanza de Terrazas aprobado onte pola Xunta de Goberno Local recolle as achegas básicas do BNG após negociar o seu contido co executivo coruñés.
A Ordenanza de Terrazas recolle as achegas básicas do BNG após negociar o seu contido co Goberno Local

Ese texto irá ao Pleno do vindeiro xoves 12 de febreiro para a súa aprobación provisional, paso previo á súa exposición pública para a eventual presentación de alegacións.

Cómpre salientar que a aprobación dunha nova ordenanza de terrazas foi unha das nosas propostas a incluír no Acordo de Investidura que asinamos co grupo socialista. Faciámolo, afirma a nosa concelleira Avia Veira, “recollendo o sentir das coruñesas e dos coruñeses e o que nós mesmos como BNG entendíamos como necesario”.

Após a nosa negativa a negociar os orzamentos de 2025 polos incumprimentos reiterados por parte do PSOE de acordos previos, ao Goberno Local “non lle quedou outra que poñerse as pilas”, remarca Veira.

“Durante varios meses”, relata, “estivemos a negociar a ordenanza que onte se aprobou na Xunta de Goberno Local”.

O texto recolle as achegas básicas do BNG, propostas que “tiñan como obxectivo garantir a accesibilidade e a diversidade de usos do espazo público, de maneira que se garanta que nas nosas rúas e prazas se poidan instalar as terrazas mais tamén que a xente poida camiñar sen impedimentos”. Preocupámonos tamén de asegurar a transparencia, incluíndo a obrigatoriedade de indicar cal é a terraza concedida, ben como tamén articulamos canles de participación, coa creación da mesa de terrazas, e facilitamos a convivencia, cunha mellor regulación dos horarios.

O BNG foi igualmente “moi insistente” en que determinados incumprimentos da ordenanza teña a consideración de infracción moi grave, entre eles impedir a accesibilidade universal ou o incumprimento dos horarios de peche.

A Ordenanza de Terrazas recolle as achegas básicas do BNG após negociar o seu contido co Goberno Local