UNHA INICIATIVA DE FRANCISCO JORQUERA PARA O #PLENODECEMBRO

Un rogo para a sinalización correcta dun paso de peóns na Avenida de Monelos

Paso peóns Eirís (Avenida de Monelos) deficientemente pintado. Levámolo ao Pleno de decembro de 2025 en forma de rogo oral.
Eis o paso de peóns deficientemente pintado e sinalizado.
O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, vai levar ao Pleno de decembro, en forma de rogo oral, as deficiencias na pintura e sinalización dun paso de peóns da Avenida de Monelos moi usado pola veciñanza, pois dá acceso a supermercados que se achan no comezo da Avenida de Xuxán.
Un rogo para a sinalización correcta dun paso de peóns na Avenida de Monelos

Jorquera pídelle ao Goberno Local que se proceda canto antes á mellora da pintura e da sinalización dese paso de peóns, situado á altura do número 201 da Avenida de Monelos, no barrio de Eirís.

 

 

Un rogo para a sinalización correcta dun paso de peóns na Avenida de Monelos