A PROPOSTA INCORPOROUNA O BNG NO ACORDO DE INVESTIDURA CO PSDEG

Sobre o programa Mover os Baixos: agardamos que non sexa un acto propagandístico

Un baixo baleiro [Foto: Ideal Gallego]
Un baixo baleiro [Foto: Ideal Gallego]
Esta é avaliación que ao grupo municipal do BNG lle merece a aprobación esta mañá, por parte da Xunta de Goberno Local, do programa Mover os Baixos:
Sobre o programa Mover os Baixos: agardamos que non sexa un acto propagandístico

Esta proposta, coa denominación programa específico de dinamización do comercio cunha bolsa de baixos comerciais en réxime de aluguer, formaba parte do acordo de investidura subscrito entre o PS de G – PSOE e o BNG a inicio de mandato.

Ademais, en decembro de 2019, o Pleno aprobou unha moción do BNG na que se instaba o Goberno local á “creación dun banco de locais baleiros co obxecto de ofertalos en aluguer a prezo taxado, integrado tanto por locais de titularidade municipal como por locais de particulares que os poñan a disposición do banco para labores de intermediación”.

De feito, xa existía unha dotación nos orzamentos de 2020 para inicar a posta en marcha deste programa.

En todo caso, enfatiza o noso voceiro e candidato do BNG á Alcaldía, Francisco Jorquera, “discrepamos de como xestionou o Goberno municipal até agora este asunto. Limitouse, como primeiro paso, a encargar a unha consultora un estudo dos baixos baleiros existentes na cidade cando xa unha asociación empresarial da Coruña fixera un informe ao respecto e o puxera a disposición do Goberno Municipal”.

“Tendo en conta os precedentes agardamos que o acordo adoptado pola Xunta de Goberno non sexa un simple acto propagandístico e serva para a posta en marcha real desta iniciativa, se ben, dado o avanzado do mandato non terá concreción no que resta do mesmo”, conclúe Jorquera.

 

 

Sobre o programa Mover os Baixos: agardamos que non sexa un acto propagandístico