NA AVENIDA DA CONCORDIA, NA RÚA GAITEIRA, NA RÚA MANUEL AZAÑA...

Un rogo para reparar o deficiente estado de varias beirarrúas

Valados beirarrúa Rúa Manuel Azaña
O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, rexistrou varios rogos ao Goberno Local en relación ao deficiente estado de beirarrúas en distintos puntos da cidade.
Un rogo para reparar o deficiente estado de varias beirarrúas

En concreto, o voceiro nacionalista insta o Goberno Local a que “dea as oportunas instrucións” para se reparar “o treito deteriorado de beirarrúa na Avenida da Concordia á altura do número 178”.

De igual xeito, empraza o Executivo coruñés a que “se intensifiquen os labores de coidado e mantemento da Rúa da Gaiteira, nomeadamente no que atinxe á reparación do pavimento e a asegurar que se manteña nun estado de limpeza”.

undefined

Outro deficiencia a tratar áchase na Rúa Manuel Azaña, á altura do número 26, no barrio das Roseiras. Alí hai un tramo da beirarrúa que se atopa moi deteriorado e, con tal motivo, instaláronse valados para delimitar a zona (tal e como se ve nas fotografías que se achegan) e previr calquera risco para os peóns. O que pide Jorquera é que se “proceda á reparación” inmediata e que canto antes se eliminen “os obstáculos actualmente existentes”.

 

Un rogo para reparar o deficiente estado de varias beirarrúas