MERCEDES QUEIXAS SOBRE O CONTRASTE DE IDEAS NA CRTVG

"Rueda entrou no debate como presidente e saíu como xefe da oposición á presidenta Ana Pontón"

Patachim
A V de vitoria no Patachim
A número dous da candidatura do BNG ao Parlamento galego por A Coruña, Mercedes Queixas, ve “clarísimo” que a gañadora do debate emitido este luns pola CRTVG foi a candidata nacionalista á presidencia da Xunta, Ana Pontón.
"Rueda entrou no debate como presidente e saíu como xefe da oposición á presidenta Ana Pontón"

“Visto o debate, enténdese perfectamente que Rueda se negue a ir a máis debates. Entrou no plató da TVG como presidente e saíu del como xefe da oposición á presidenta Ana Pontón”, afirma.

“Só Ana Pontón presentou un programa de goberno e só Ana Pontón se expresou en todo momento como presidenta. Rueda limitouse a atacar o BNG e non foi quen de formular ningunha proposta de futuro. Como lle dixo Ana Pontón, é un candidato sen ilusión e sen proxecto”, conclúe a número dous da candidatura nacionalista, quen acompañou o debate, canda un nutrido grupo de simpatizantes do BNG e coa número 8 da candidatura Iria Taibo, no Patachim.

"Rueda entrou no debate como presidente e saíu como xefe da oposición á presidenta Ana Pontón"