VEMOS “RAQUÍTICOS” OS HORARIOS E "ABSURDAS” AS NORMAS PARA A APERTURA AO PÚBLICO ESTABELECIDAS POLA FAMILIA FRANCO

Que se poda visitar xa a Casa Cornide, unha vitoria da cidadanía coruñesa

Jorquera, nun dos balcóns da Casa Cornide, primeira visita 4 de agosto de 2025.
Jorquera, nun dos balcóns da Casa Cornide, primeira visita 4 de agosto de 2025.
Na mañá do luns 4 de agosto, ás 9 horas, abríronse por fin as portas da Casa Cornide ás visitas do público por vez primeira após a súa declaración como BIC. Neste primeiro grupo de visitantes estivo tamén o portavoz municipal do BNG Francisco Jorquera. Incontábeis foron as iniciativas de todo tipo impulsadas polo Bloque. e non só, durante estes anos.
Que se poda visitar xa a Casa Cornide, unha vitoria da cidadanía coruñesa

Coa nosa insistencia en forma de todo tipo de iniciativas institucionais, accións reivindicativas ou mesmo pezas audiovisuais o BNG da Coruña non fixo máis que acompañar e complementar o valiosísimo traballo de distintos movementos sociais en favor da recuperación da Casa Cornide para o pobo da Coruña, o mesmo que antes no Pazo de Meirás.

Por iso no primeiro grupo de persoas que esta mañá visitou a Casa Cornide, ademais da alcaldesa Inés Rey, estaba tamén Rubém Centeno, en representación da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH). Moito é o que lle debemos ao movemento memorialista, na nosa cidade vehiculizado a través da CRMH ao longo das últimas dúas décadas, para podermos seguir avanzando neste camiño e chegar aquí.

Jorquera, con Inés Rey, primeira visita Casa Cornide, 4 de agosto de 2025.
Jorquera, acompañado por Inés Rey e Alfredo Vigo, xa no interior da Casa Cornide

Tamén neste primeiro grupo estivo Alfredo Vigo, Catedrático de Historia da Arte da USC e membro do Instituto Cornide de Estudos Coruñeses. Sen todo ese valioso traballo de investigación sustentando o proceso non tería sido posíbel o día de hoxe.

Como no caso do Pazo de Meirás, a declaración da Casa Cornide como BIC non é máis que un paso dos moitos que hai que seguir dando. Para o BNG o obxectivo debe ser, e será, a súa recuperación para o pobo da Coruña.

A Casa Cornide é do pobo!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Que se poda visitar xa a Casa Cornide, unha vitoria da cidadanía coruñesa