Unha multitude orgullosa
Máis unha vez, unha multitude, composta moi maioritariamente por xente moza, volveu mostrar nas rúas da cidade a súa dignidade, a súa indomábel autoestima, no Día do Orgullo LGTB.
29 xuño 2022 - 10:53
Desde logo ninguén pode parar tanta entrega incondicional, tanta paixón, tanto amor, na procura da plena igualdade e, á vez, da máis radical diversidade.
Como BNG estivemos presentes con faixa propia -termada polo noso responsábel local, David Soto, e polo noso voceiro no Concello, Francisco Jorquera- e, si, o orgullo de que nos orgullamos é combativo, é inconformista e quere todos os dereitos, nunca vai pasar por menos. Avante toda!