NA SESIÓN ORDINARIA DO 16X
Preguntaremos no Pleno pola situación do persoal das bibliotecas municipais
"Está a procurar o Goberno Local a mellor solución legal e laboral posíbel, neste primeiro ano de mandato, á situación do persoal das bibliotecas?" é o teor literal da pregunta, unha iniciativa da concelleira Avia Veira.
No acordo de investidura asinado por BNG e PSdeG en xuño pasado figuraba o compromiso de que no primeiro ano de mandato -do que xa se consumiron seis meses- o Goberno Local procuraría dar "a mellor solución legal e laboral posíbel" aos problemas que afectan o cadro de persoal das bibliotecas, "co obxectivo de unificar a rede a través da xestión directa".
É chegado o momento de que o Goberno Local explique xa ao Pleno do Concello que ten feito até o de agora para dar cumprimento a ese acordo.
"Neste mes de xaneiro faise un ano desde que caducara o contrato de xestión das bibliotecas municipais. Un ano de incerteza para as profesionais deste servizo que tiveron que convocar até en dúas ocasións folgas por impagos das nóminas", explica Avia Veira, quen remarca que "de momento nin os pregos para un novo concurso nin a solución están en marcha. Os pregos aínda non se levaron á Xunta de Goberno Local".
"Neste mes de xaneiro faise un ano desde que caducara o contrato de xestión das bibliotecas municipais. Un ano de incerteza para as profesionais deste servizo que tiveron que convocar até en dúas ocasións folgas por impagos das nóminas"
"O que pedimos é que se faga un novo concurso mentres se estuda a unificación de toda a rede de bibliotecas municipais para que todas elas se xestionen directamente polo Concello", esclarece Avia Veira. "Esa é a filosofía do acordo que asinamos en xuño co PSdeG", conclúe.