UNHA INICIATIVA DE MERCEDES QUEIXAS PARA O PLENO DO 4 DE XULLO
Preguntámoslle a Inés Rey se o seu concelleiro de Emprego e Educación se dedica en exclusiva ao Concello
“Está a señora Rey en condicións de afirmar que o concelleiro de Emprego e Educación, Juan Ignacio Borrego, se dedica en exclusiva ao Concello da Coruña?”, así a reza a pregunta oral que Queixas formulará no Pleno ao Executivo coruñés.
“A Coruña necesita e merece un Goberno Local que dedique o 100% do seu tempo ás coruñesas e coruñeses, que dedique 100% do seu tempo a atender os problemas do día a día da cidade”, afirma Queixas.
E nese sentido non parece o máis adecuado que un membro do Goberno Local “dedique parte do seu tempo a participar en reunións e negociacións como representante da súa actividade profesional privada”, alega. Nin é o máis adecuado nin respectaría o réxime de incompatibilidades ao que está suxeito.
De resto, Queixas expresa “preocupación” por que esta irregularidade “estea a ser avalada por Inés Rey e polo conxunto do Goberno Local”, tal e como teñen manifestado nos medios de comunicación local.