O PP non quere recoñecer que o principal responsábel das indemnizacións de Someso e Paco Vázquez
A Coruña, 24 de xullo de 2013.- A Xunta de Goberno Local desta mañá tomou coñecemento de dez novas sentenzas ditadas polo TSXG relativas ao caso Someso. Trátase de sentenzas que lle recoñecen aos antigos propietarios a devolución das súas fincas (isto é, o dereito de reversión). Mais non indican aínda a contía indemnizatoria que hai que pagar, dado que é algo que só corresponde determinar posteriormente no caso de ser imposíbel esta devolución.
Segundo se desprende destas sentenzas, a causa principal do pago destas indemnizacións é a política urbanística de Paco Vázquez, permanentemente silenciado e protexido polo Goberno municipal, malia abrirse dilixencias no Xulgado de Instrución Número 3 da Coruña e ser obxecto de investigación polo Tribunal de Cuentas, por causa precisamente destas actuacións urbanísticas en Someso. Foi o Sr. Paco Vázquez quen gobernaba no Concello da Coruña e quen tomou a decisión da reclasificación e cambio de uso dos terreos expropiados para o campo de fútbol e para os accesos a Pocomaco e a súa transformación a solo urbanizábel residencial.
O Goberno municipal do PP, que tanto criticaba e acusaba os concelleiros do BNG de non recorrer en casación ante o Tribunal Supremo as sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza ditadas no caso Someso, ten que recoñecer agora que estas sentenzas non son susceptíbeis de recurso en casación ordinaria. E faino coñecendo e consentindo por non ser susceptíbeis de recurso as sentenzas ditadas polo TSXG. De admitirmos o discurso demágoxico, infundado e absurdo do Goberno municipal contra o BNG, acusando os seus concelleiros de "cómplices" por non recorrer, habería que admitir, sen máis, que o propio Goberno municipal do Partido Popular tamén o sería por coñecer e por consentir as sentenzas.
A reclasificación urbanística dos terreos acometida polo Sr. Paco Vázquez
Estas sentenzas reiteran, unha vez máis, o dito até a saciedade polo Tribunal Superior de Xustiza, razón pola que en moitas delas se condena en costas (nuns casos de 900 euros e noutros de 1.000 euros) o Concello da Coruña.
En todas estas sentenzas evidénciase, ademais, que a causa principal do pago das indemnizacións millonarias é a reclasificación urbanística dos terreos. Reclasificación urbanística aprobada no PXOM de 1998 (aprobado o 19.10.1998) e materializada no Plan Parcial de Someso (aprobado o 09.07.2001, co voto a favor do PP, e modificado o 05.07.2004, coa abstención do PP). Plans urbanísticos aprobados por orde do Sr. Paco Vázquez para beneficio dos promotores, como o Sr. Fontenla, e que contaron co voto en contra só do BNG.
Este cambio de uso e de destino urbanístico dos terreos no PXOM de 1998 e no Plan Parcial de Someso -avalados polo PP e aos que só votou en contra o BNG- deu lugar a recoñecer o dereito de reversión dos propietarios e o posterior pago da indemnización económica sustitutoria. E isto non é un parecer do BNG, é o que afirman as sentenzas do TSXG que recoñecen o dereito de reversión aos propietarios desde o ano 2008. Así o pon de manifesto a sentenza do TSXG de 07.04.2008:
"...se consideró probado que los predios en cuestión habían sido expropiados por el Ayuntamiento de A Coruña, que colaboró con la Xunta en su adquisición por el procedimiento expropiatorio de urgencia-según se deducía con toda claridad del propio expediente-para la construcción de un campo de fútbol que sería utilizado por la Sociedad Relámpago de Elvira y, en otra finca, para la realización de una nueva carretera de acceso al polígono de Pocomaco, con la particularidad de que esas obras proyectadas no llegaron a hacerse en las mismas , al acabar incluyéndose esos terrenos en el Proyecto de Compensación del Sector 7 del Recinto Ferial, según se acreditaba con la correspondiente ficha del PGOM de A Coruña, que establecía para ellos el uso global residencial".
E tamén o recoñecen expresamente as sentenzas das que se tomou coñecemento hoxe na Xunta de Goberno Local (sentenzas dos días 24.04.2013, 22.05.2013, 26.06.2013), declarando:
"...se consideró probado que los predios en cuestión habían sido expropiados por el Ayuntamiento de A Coruña, que colaboró con la Xunta en su adquisición por el procedimiento expropiatorio de urgencia-según se deducía con toda claridad del propio expediente-para la construcción de un campo de fútbol que sería utilizado por la Sociedad Relámpago de Elvira y, en otra finca, para la realización de una nueva carretera de acceso al polígono de Pocomaco, con la particularidad de que esas obras proyectadas no llegaron a hacerse en las mismas , al acabar incluyéndose esos terrenos en el Proyecto de Compensación del Sector 7 del Recinto Ferial, según se acreditaba con la correspondiente ficha del PGOM de A Coruña, que establecía para ellos el uso global residencial".
O Goberno municipal admite o que tanto lle criticaba ao BNG
O Goberno municipal do PP, que tanto criticaba e acusaba os concelleiros do BNG de consentir e non recorrer en casación ante o Tribunal Supremo as sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza ditadas no caso Someso, ten que recoñecer agora que estas sentenzas non son susceptíbeis de recurso en casación ordinaria. O Goberno municipal do PP fartouse de criticar que o BNG era cómplice por consentir las primeras sentencias del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), concediendo las reversiones, por lo que no se recurrieron en casación ante el Supremo en 2007, lo que impidió una adecuada defensa de los intereses municipales, producíndose inactividad del Ayuntamiento. E agora faino coñecendo e consentindo por non ser susceptíbeis de recurso as sentenzas ditadas polo TSXG, porque na Xunta de Goberno Local desta mañá acordouse en relación con cada unha das sentenzas o seguinte: conocer y consentir por no ser susceptible de recurso.
De admitirmos o discurso demágoxico, infundado e absurdo do Goberno municipal contra o BNG, acusando os seus concelleiros de "cómplices" por non recorrer, habería que admitir, sen máis, que o propio Goberno municipal do Partido Popular tamén o sería por coñecer e por consentir as sentenzas.