DÚAS DELAS -AS RELATIVAS AO BARRIO DAS FLORES E A CREACIÓN DO ESPAZO GROBA- POR UNANIMIDADE
O Pleno de decembro aproba as tres mocións do BNG
A moción sobre as VUT, defendida por Avia Veira, tencionaba desenvolver a Ordenanza que, aprobada en xuño pasado, regula ese tipo de negocios.
A norma prevé a delimitación de distritos saturados de VUT, que serían aqueles en que existan máis de 0,5 vivendas de uso turístico por cada 100 habitantes.
A moción insta o Goberno Local a que realice un estudo sobre a eventual existencia desas zonas saturadas na cidade. Se existiren, nelas tería que se prohibir a implantación de novas VUT, remarcou Veira.
A concelleira nacionalista chamou tamén o Goberno Local a que estreme a vixilancia para detectar aquelas VUT que continúan a operar como tales sen cumpriren os requerimentos da Ordenanza. "Hai moitas que están na ilegalidade", recoñeceu ao respecto o concelleiro de Urbanismo do Goberno Local.
Canto á moción do Barrio das Flores, o texto, defendido por Francisco Jorquera, emprazaba o Goberno Local a criar unha Oficina de Asesoramento á veciñanza do barrio sobre o desenvolvemento do Plan Director da Rehabilitación Integral desta área da cidade.
A concelleira nacionalista chamou tamén o Goberno Local a que estreme a vixilancia para detectar aquelas VUT que continúan a operar como tales sen cumpriren os requerimentos da Ordenanza. "Hai moitas que están na ilegalidade", recoñeceu ao respecto o concelleiro de Urbanismo do Goberno Local
O Barrio das Flores foi expoñente dun urbanismo moderno e sustentábel cando foi criado, na década dos 60 do pasado século. Mais o paso do tempo -aliado coa falta de investimento e de mantemento por parte do Concello durante décadas- foi degradando esta zona da cidade, recentemente declarada como área de rehabilitación integral.
Esa ARI precisa dun Plan Director para o seu impulso e o que pretende a moción do BNG é dar voz á veciñanza no proceso, a través dunha Oficina de Asesoramento,
De resto, o Pleno aprobou por unanimidade unha moción de Mercedes Queixas para se crear un Espazo Groba, tributo imprescindíbel ao principal vulto da música clásica galega contemporánea.
Nado en Ponteareas, o mestre Groba morou na nosa cidade, até o seu pasamento, durante máis de catro décadas. O seu inmenso legado -cun catálogo de máis de 700 obras- precisa primeiro de protección e logo de divulgación. O Espazo Groba acollería a sede da Fundación. Para a súa localización, a moción chama a que se teña en conta algún dos equipamentos públicos xa existentes na Coruña.