EN RESPOSTA A JORQUERA, YOYA NEIRA NON EXPLICA POR QUE NON SE ESTÁ A REALIZAR O PROGRAMA A PÉ DE BARRIO

O Goberno Local fai unha "avaliación satisfactoria" do servizo de limpeza viaria, pese ás críticas da veciñanza e do persoal da concesionaria

Captura de pantalla 2025-12-11 125102
Jorquera, durante o Pleno
A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, fai unha “avaliación satisfactoria” do funcionamento do servizo de limpeza viaria, pese ás críticas da veciñanza e do persoal da concesionaria, a UT A Coruña Limpeza.
O Goberno Local fai unha "avaliación satisfactoria" do servizo de limpeza viaria, pese ás críticas da veciñanza e do persoal da concesionaria

A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, fai unha “avaliación satisfactoria” do funcionamento do servizo de limpeza viaria, pese ás críticas da veciñanza e do persoal da concesionaria, a UT A Coruña Limpeza. Neira pronunciouse nestes termos ao ser cuestionada ao respecto polo portavoz do BNG Francisco Jorquera, na quenda de preguntas orais ao Goberno Local durante o Pleno ordinario do mes de decembro.

A concelleira de Medio Ambiente foi incapaz de explicar por que se detrae persoal dos servizos básicos que debe prestar a concesionaria -a limpeza de rúas e prazas, o mantemento dos equipamentos públicos- para os destinar a tarefas complementarias, como a limpeza de recintos en que se realizan espectáculos ou festas.

Do mesmo xeito, eludiu referirse ao incumprimento por parte da concesionaria do programa de limpeza A Pé de Barrio, unha actuación recollida expresamente nos pregos do contrato. O programa A Pé de Barrio consiste, segundo o contrato, nun plan intensivo de coidado do espazo público que se suma ao traballo diario de limpeza e mantemento.Non se está a facer e o Goberno Local perdeu hoxe unha boa oportunidade de explicar por que, salienta Jorquera.

Porén, Neira afirma que “a empresa está a responder ás demandas que se lle formulan desde o Goberno Local”, aínda que se abre á hipótese de lle impor penalidades se se constatar que está a incumprir con algunha das obrigas do contrato. Penalidades que xa se lle impuxeron en 2022.

Neira afirma que “a empresa está a responder ás demandas que se lle formulan desde o Goberno Local”, aínda que se abre á hipótese de lle impor penalidades se se constatar que está a incumprir con algunha das obrigas do contrato

A concelleira de Medio Ambiente tampouco se debruzou sobre as denuncias formuladas polo persoal da concesionaria, fundamentalmente relativas á carencia de suficientes recursos materiais e mesmo humanos por parte da empresa para facer fronte a todas as súas obrigas. Limitouse a dicir que “non nos consta que non se estean a cumprir as ratios de traballadores/hora”, embora si admitiu que ten falado destas cuestións coa empresa.

Carril bus

A non recuperación do carril bus por parte do Goberno Local centrou outra das preguntas do BNG nesta sesión.

A resposta da concelleira de Mobilidade, Noemí Díaz, á cuestión formulada por Avia Veira é que o carril bus reaparecerá cando se despregue o novo contrato do transporte público urbano.

Captura de pantalla 2025-12-11 130130
Avia Veira, durante o Pleno

“Primeiro, o contrato. Despois, o novo mapa de liñas. Despois, os carrís bus”, dixo Noemí Díaz.

Mais a resposta dista de ser satisfactoria a ollos de Avia Veira. “Unha cousa non ten a ver coa outra. Proba de que se pode facer sen agardar ao contrato é que vostedes solicitaron fondos Next Generation para un carril bus en Xoán Flórez. Medio millón de euros”, remarcou a concelleira nacionalista.

Mais “logo de probas para arriba e probas para abaixo”, o carril bus non foi implantado en Xoán Flórez e os 500 mil euros volatilizáronse, denunciou a nosa concelleira, sen que Noemí Díaz dixese nada ao respecto na súa resposta.

O carril bus -suprimido polo Goberno de Carlos Negreira (PP) ao comezo do seu mandato (2011-2015) e non restituído polos executivos posteriores- melloraría significativamente a mobilidade.

Sería, ademais, unha medida moi fácil de tomar e de materializar . Se non se fai -se se adía no tempo- é exclusivamente por falta de vontade política, concluíu Avia Veira.

Estatua tributo aos Irmáns da Lixivia

E volvemos este asunto ao Pleno, da man de Mercedes Queixas, pois cinco  anos despois de a familia dos Irmáns da Lixivia -mozos fusilados polos fascistas en 1936- terlle doado ao Concello unha escultura para a súa instalación nun lugar próximo ao Campo da Rata -onde se produciu o asasinato- a estatua continúa fechada nun almacén madrileño.

O concelleiro de Cultura, Gonzalo Castro, anunciou que a estatua se colocará no Parque Carlos Casares, na contorna da Torre de Hércules, e afirmou que o emprazamento fora acordado con Selva García, a doante da estatua, filla de Pepín, o único dos irmáns supervivente do masacre.

Captura de pantalla 2025-12-11 113210
Queixas salientou que o Goberno Local leva 5 anos sen cumprir coa familia dos Irmáns da Lixivia

O asunto, segundo explicou, depende de que lle dea o visto bon a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta e de que se cumpran cos requerimentos de UNESCO, tendo en conta a proximidade da Torre de Hércules, especialmente protexida por ser monumento Patrimonio da Humanidade.

Por suposto, o BNG fiscalizará o cumprimento dese novo compromiso, tendo en contra que levamos anos de incumprimentos coa familia.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O Goberno Local fai unha "avaliación satisfactoria" do servizo de limpeza viaria, pese ás críticas da veciñanza e do persoal da concesionaria