PARA DAR CONTA DE DIVERSAS IRREGULARIDADES NA SÚA XESTIÓN
O concelleiro de Cultura e Turismo comparece este venres no Pleno a petición do BNG
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, vai comparecer este venres diante do Pleno do Concello como produto dunha petición do BNG.
10 xul. 2025 - 14:18
O BNG rexistrou a solicitude de comparecencia para que o membro do Goberno Local dese conta de diversas irregularidades na súa xestión, nomeadamente no IMCE (Instituto Municipal Coruña Espectáculos) e no Consorcio de Turismo e Congresos.
Facturas irregulares pendentes de pagamento ou contratos verbais sen o necesario respaldo orzamentario son prácticas habituais neses entes do Concello, intolerábeis a xuízo do BNG.
Irregularidades que non se poden volver repetir e polas que o Goberno Local ten que facer unha dación de contas.
A xestión desta área do Goberno de Inés Rey está a anos luz dos estándares de rigor, transparencia e bo goberno que son esixíbeis a unha administración pública.