AÍNDA NON FORON ENVIADOS AO PLENO, TAL E COMO O DENUNCIA O NOSO CONCELLEIRO DAVID SOTO

Onde están os informes da Comisión de Suxestións e Reclamacións correspondentes a 2023 e 2024?

<p>David Soto na reunión constitutiva da Comisión de Suxestións e Reclamacións. 20 de xullo de 2023.</p>

<p>&nbsp;</p>
David Soto, na única reunión da Comisión que se ten convocado, a constitutiva, o 20 de xullo de 2023
A Comisión de Suxestións e Reclamacións é un órgano creado pola Lei de Bases do Réxime Local (artigo 132) e ten como fin a defensa dos dereitos da veciñanza.
Onde están os informes da Comisión de Suxestións e Reclamacións correspondentes a 2023 e 2024?

Segundo a lexislación, ten que se reunir como mínimo unha vez ao ano e unha das súas obrigas é a elaboración dun informe que dea conta das queixas formuladas e das deficiencias observadas no funcionamento dos servizos municipais, un documento que ten que ser levado ao Pleno.

Pois ben, no que levamos de mandato a Comisión de Suxestións e Reclamacións só ten feito unha reunión, a constitutiva, no que levamos de mandato e aínda non se levaron a Pleno os informes anuais correspondentes a 2023 e 2024.

Isto é o que denuncia, por medio dun feixe de preguntas por escrito, o noso concelleiro David Soto, quen inquire o Goberno Local cando se van presentar eses informes.

“Por que non se remitiron pola Alcaldía os indicadores de seguimento e control do sistema de suxestións e reclamacións á que fai referencia o artigo 3.2 do Regulamento Orgánico da Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións?”, cuestiona Soto, quen tamén quere saber “por que non se reuniu até agora a devandita comisión”.

“Esta comisión ten como finalidade a de garantir a transparencia no exercicio das funcións públicas e permitir a fiscalización por parte da oposición e é intolerábel que a día de hoxe non se teña convocado.

 

Onde están os informes da Comisión de Suxestións e Reclamacións correspondentes a 2023 e 2024?