O legado de Pedro Galán Calvete, antídoto fronte ao medre da ultradereita

Tributo a Pedro Galán Calvete
Un momento da intervención de Manuel Rei
O BNG reivindicou este sábado o legado de Pedro Galán Calvete, o dirixente das Mocidades Galeguistas da Coruña asasinado aos seus 19 anos polos fascistas en setembro de 1936, en tempos de medre da ultradereita.
O legado de Pedro Galán Calvete, antídoto fronte ao medre da ultradereita

O antídoto para frear o retorno das ideas reaccionarias é o compromiso cos ideais de emancipación social e nacional que durante a II República encarnou o Partido Galeguista de Bóveda e Castelao e que agora representa o nacionalismo do BNG.

“Temos que ter moi presentes sempre as leccións de Castelao -do cal este 2025 celebramos o 75 aniversario do seu pasamento-, Bóveda e o mozo Pedro Galán Calvete”, afirmou durante a súa intervención, no cemiterio de Santo Amaro, o historiador Manuel Rei.

WhatsApp Image 2025-09-20 at 13.25.17
Ofrenda floral na tumba do mozo galeguista

O acto -organizado polo grupo de barrio de Monte Alto e por Galiza Nova da Coruña- realizouse diante da tumba do mozo galeguista e con el rendeuse tributo a un mozo que, alén do seu compromiso político, foi un grande activista social, a participar, por exemplo, na fundación do Club de Mar de Santo Amaro.

“A Coruña e o barrio de Monte Alto senten orgullo por ter tido como veciño Pedro Galán Calvete. Nin A Coruña nin Monte Alto esquecen nin esquecerán nunca o seu asasinato”, dixo durante o acto o responsábel comarcal de Galiza Nova, Anxo Vázquez.

A música correu a cargo do grupo de gaitas da Asociación Veciñal de Atochas Monte Alto -que interpretou a marcha do antigo Reino de Galiza e o himno nacional galego- e o acto incluíu unha ofrenda floral por parte da familia de Galán Calvete.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O legado de Pedro Galán Calvete, antídoto fronte ao medre da ultradereita